Thursday 16 de May de 2024

A Pobra conta xa co seu primeiro parque canino


O Concello da Pobra do Caramiñal habilita no paseo do Xobre, nas inmediacións da praia canina, un novo servizo municipal: o primeiro parque canino. Consta dun circuíto de axilidade composto por seis xogos do cal poden desfruta-las mascotas e un peche perimetral para evitar que escapen. Tamén hai un taboleiro coas normas por seguir para facer un bo uso do espazo. A concelleira do Benestar Animal, Estefanía Ramos (Nós Pobra), explica que se construíu co remanente da Tesouraría de 2021, por un importe de 12 000 euros.

Doutra banda, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), apunta que se lle dá así resposta a unha demanda veciñal que permite exercita-los cans ao tempo que establece un punto de encontro no cal poidan interactuar.